De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.
Pontevedra, 13 de xuño de 2013
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesada: Elvira Mª Marciel Otero.
Expediente: ES-P-0022/13.
Último domicilio coñecido: Pintor Virxilio Blanco, núm. 5 -1º A, Pontevedra.
Indicación do contido: notifícase o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0022/13 contra Elvira Mª Marciel Otero, como presunta responsable dunha infracción grave, ao abeiro do artigo 105.c) da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle a persoa interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos ou informacións que coide conveniente e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.