Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0024/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 13 de xuño de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: José Luís Jorge Carballo.

Expediente: ES-P-0024/13.

Último domicilio coñecido: rúa Redondela núm. 15-2º G, Ponteareas. Pontevedra.

Indicación do contido: notifícase o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0024/13 contra José Luís Jorge Carballo, como presunto responsable dunha infracción grave, ao abeiro do artigo 105.c) da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle a persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e informacións que coide conveniente, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.