Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 1 de xullo de 2013 pola que se fai pública unha resolución relativa ao expediente da convocatoria publicada a través da Resolución do 28 de setembro de 2012 (DOG do 15 de novembro) correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a resolución relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2012 (DOG do 15 do novembro) correspondente á avaliación previa ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Esta resolucións foi ditada polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido da resolución e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerará notificada cos efectos que lle correspondan.

A citada resolución pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra ela, por parte do interesado, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Claudio Cameselle Fernández

336085671M

107/1-12-D