Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2013 pola que se aproba a apertura dunha convocatoria pública para seleccionar operadores para realizar a actividade de depósito e aros de madeira con saída por vía marítima no porto de Ribadeo.

Anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes para realizar a actividade de depósito e aros de madeira con saída por vía marítima na explanación do peirao comercial do porto de Ribadeo, que se rexerá polo prego de bases aprobado para os efectos, o cal se atopa a disposición dos interesados nas oficinas da zona norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13-1º, 27002 Lugo e nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitas na praza de Europa, 5-A-6º.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do décimo (10º) día hábil seguinte ao da súa publicación. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia