Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27893

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, sobre a base da convocatoria realizada mediante a Resolución do 7 de marzo de 2013 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia núm. 53, do 15 de marzo).

Antecedentes

1. Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2013 establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións de aforro e eficiencia enerxética, para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, medida 43, actuación 2, que se refire ao programa de axudas públicas para o uso racional da enerxía.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, mediante as resolucións do 13 e do 23 de maio –publicadas nos diarios oficiais de Galicia números 97 e 101 do 23 e 29 de maio, respectivamente– leváronse a cabo os requirimentos de emenda da documentación daqueles expedientes que así o precisaron.

3. Rematado o período de emenda, a comisión de valoración, como órgano colexiado encargado da análise e do estudo da totalidade de solicitudes viables desde o punto de vista técnico e económico-financeiro, realizou o baremo de cada un dos expedientes atendendo aos criterios sinalados no artigo 14 das bases reguladoras.

Consideracións legais e técnicas

1. O Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 11 das bases reguladoras).

2. No artigo 15.2 da bases establécese que o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de concesión das axudas será de catro (4) meses, contados desde a data en que rematou o prazo de presentación de solicitudes (15 de abril de 2013).

3. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6 b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión da subvención poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da axuda outorgada. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

4. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

5. Para determinar e cuantificar o investimento elixible sobre o que aplicar a porcentaxe de axuda correspondente, das actuacións proxectadas polos solicitantes, tívose en conta o disposto nos artigos 8 e 9 das bases reguladoras.

De acordo con todo o anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. A información detallada dos requisitos e condicións de cada axuda estará á disposición dos respectivos interesados no taboleiro electrónico, a que deberán acceder a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 18.1 das bases reguladoras, se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan, e desde ese momento adquirirán a condición de beneficiarios.

Cuarto. Aquelas solicitudes que resulten seleccionadas e cuxos importes de axuda sexan aceptados expresa ou tacitamente polos beneficiarios, pasarán a formar parte da lista pública prevista nos artigos 6 e 7.2 d) do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006 de disposicións xerais relativos aos Fondos Europeos, e do Regulamento 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371 do 27.12.2006).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime oportuno.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Subvencións concedidas

Procedemento: IN417P-Renovación de instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE)

P.O. Feder Galicia 2007-2013: Actuación 4.43.2 (Axudas públicas para o uso racional da enerxía)

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.761.0

Código do expediente

Agrupación de concellos

Investimento elixible (€)

Contía subvención (€)

IN417P/13A 99

Guntín, O Páramo e Láncara

57.221,63

48.638,38

IN417P/13A 22

Ourol, O Vicedo, O Valadouro

71.384,48

60.676,81

IN417P/13A 21

Cervo, Xove, Burela

154.232,01

131.097,21

IN417P/13A 89

Cerceda, Mesía, Tordoia

124.535,51

105.855,18

IN417P/13A 62

Fornelos de Montes, Mondariz, A Lama

130.987,70

111.339,55

IN417P/13A 91

Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, Baltar

165.711,84

140.855,07

IN417P/13A 96

Santa Comba, Val do Dubra, Negreira, A Baña

222.090,98

188.777,34

IN417P/13A 52

Cabanas, Fene, Pontedeume, Neda

196.761,70

167.247,45

IN417P/13A 18

Padrón, Rois, Dodro

112.903,80

95.968,23

IN417P/13A 92

Bande, Verea, Lobeira

167.126,10

142.057,18

IN417P/13A 31

Arnoia, Beade, Cortegada, Leiro

217.447,94

184.830,75

IN417P/13A 87

Pantón, Sober, O Saviñao

179.999,99

152.999,99

IN417P/13A 51

Vilarmaior, Irixoa, Monfero, Aranga

187.025,73

158.971,87

IN417P/13A 109

Trasmiras, Sandiás, Sarreaus

112.554,56

95.671,38

IN417P/13A 45

Maceda, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas

149.990,81

127.492,19

IN417P/13A 6

Riós, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso

236.216,93

200.784,39

IN417P/13A 7

Toén, Taboadela, San Cibrao

179.906,15

152.920,22

IN417P/13A 13

A Peroxa, Coles e Amoeiro

123.004,42

104.553,76

IN417P/13A 120

Meira, A Pastoriza, Abadín, Riotorto

171.984,39

146.186,73

IN417P/13A 50

Vilamarín, Boborás, O Irixo, San Cristovo de Cea

185.312,25

157.515,41

IN417P/13A 102

Lourenzá, Taboada, A Pontenova

80.621,44

68.528,22

IN417P/13A 93

Bóveda, Paradela, Sarria

177.960,47

151.266,40

IN417P/13A 49

Abegondo, Bergondo, Carral

139.153,38

118.280,37

IN417P/13A 85

Cerdedo, Cotobade, Campo Lameiro

179.967,66

152.972,51

IN417P/13A 115

Trazo, Ordes, Frades

178.702,48

151.897,10

IN417P/13A 76

Cabana, Malpica, Ponteceso e Laxe

216.193,07

183.764,11

IN417P/13A 100

A Pobra do Caramiñal, Boiro

48.812,61

41.490,72

IN417P/13A 40

Boqueixón, Vedra, Vila de Cruces

124.315,21

105.667,93

IN417P/13A 57

Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Pontecesures

236.371,45

200.915,73

IN417P/13A 95

Lousame, Ames, Brión

127.110,77

108.044,16