Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT Vide de Miño, no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2013/25-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. Vide de Miño.

Situación: Castrelo de Miño.

Características técnicas:

LMT subterránea de 20 m de lonxitude con condutor RHZ1, a 20 kV e orixe na LMT existente entre a LMT ao CT Astariz 32C376 e o CT Prado II 32AW26 e remate no CT proxectado, prefabricado en caseta de 160 kVA e R/T 20.000/400.230 V. Orzamento: 30.523,24 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outorgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 18 de xuño de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense