Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 20113/23-2, 8107 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMTA a CT 27CR32.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

LMTA existente a 20 kV con orixe no pórtico metálico existente D63 da LMTA existente procedente da saída CHA807 (Belesar 2) da subestación de Chantada e final no poste de formigón existente D63-1 desta LMTA, cunha lonxitude de condutor para retensar de 17 metros e de 11 de condutor proxectado tipo LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo