Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Guntín (expediente IN407A 2013/25-2, 8109 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMTA LUG802 en Guntín.

Situación: concello de Guntín.

Características técnicas:

– LMTA (tramo I) a 20 kV con orixe no apoio proxectado na LMT LUG802 e final no apoio proxectado na LUG802.

– LMTA (tramo II) a 20 kV con orixe no apoio proxectado na LMT LUG802 e final no apoio proxectado na LUG802.

– LMTS a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado no tramo I da LMT LUG802 tipo C-FL-14/7000-H-35-CA III e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado no tramo II da LMT LUG802 tipo C-FL-12/4500-H35-CA III, cunha lonxitude de 215 metros, en condutor RHZ1-240.

– Desmontaxe de dous apoios de formigón e 180 metros de condutor tipo LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo