Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: modificado LMTS derivación a depuradora Santa Comba.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

Centro de seccionamento prefabricado de formigón, con 3 celas de liña, ao cal entra a proxectada LMTS para subministración ao CT da EDAR Santa Comba (expediente IN407A 2012/44-1)

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña