Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de xuño de 2013, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño, así como das disposicións normativas contidas no dito proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de xuño de 2013, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño, promovido por Gas Galicia SDG, S.A.

2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31.1.2013, polo que se declara a incidencia supramunicipal do dito proxecto sectorial, os planeamentos dos concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño (Pontevedra) quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Así mesmo, de conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, modificada pola disposición adicional segunda da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do dito proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO
Disposicións normativas do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño

1. Análise da relación coa planificación urbanística vixente.

O Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, regula a finalidade, o contido, a eficacia e o procedemento de aprobación dos plans e proxectos sectoriais, de conformidade co disposto no capítulo V da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

O Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño afectará os termos municipais de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, ambos pertencentes á provincia de Pontevedra. O obxecto deste proxecto sectorial é o de adaptar o planeamento vixente dos municipios afectados, se é o caso, ás limitacións que implica a situación das instalacións nos seus límites, para o cal se estudaron os planeamentos de cada un deles.

O planeamento dos dous municipios afectados é o seguinte:

– Concello de Salceda de Caselas: réxese polas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salceda de Caselas, aprobadas con data do 4 de abril de 1997.

– Concello de Salvaterra de Miño: réxese actualmente polas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salvaterra de Miño, aprobadas o día 12 de xuño de 1993.

Así mesmo, será de aplicación a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), xunto con todas as súas modificacións posteriores, cronoloxicamente posterior ás normas urbanísticas de ambos os concellos, o que supón que ante situacións contraditorias o criterio definido na nova lei se anteporá ás normas anteriores.

A rede analizada parte do punto de entrega de gas natural con MOP = 16 bar para subministración a Gas Galicia SDG, S.A. en Salceda de Caselas, desde a rede de gas propiedade de Gas Natural Distribución SDG, S.A. no termo municipal de Salceda de Caselas.

1.1. Descrición do trazado no termo municipal de Salceda de Caselas.

Os solos polos cales discorre a rede teñen a seguinte consideración:

7.361 metros do total da rede do termo municipal discorren por terreos definidos polas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salceda de Caselas como redes de infraestruturas e servizos.

– Existe un tramo de 468 metros que, pese a estar proxectado sobre unha vía asfaltada, ao non estar a dita vía recollida nas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal, queda catalogado dentro dos límites da zona cualificada como solo non urbanizable común e na zona catalogada como solos non urbanizables protexidos - protección de restos arqueolóxicos nunha lonxitude de outros 309 metros.

– A estación de regulación e medida (ERM) colocarase nunha parcela privada no lugar de Pedracarballa e sobre solo catalogado como solo non urbanizable de núcleo rural (NRTE).

A cualificación dos terreos é como segue:

– Atravésanse un total de 2.317 metros de solo cualificado como solo non urbanizable común (SNUR).

– Atravésanse os lugares de Costeira, Becerreira, Barral, Seixo Branco, Eido Vello, Revolta, Pedra Buxiña, Pedracarballa e Torrón, cuxas áreas están cualificadas polas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salceda de Caselas como solo non urbanizable de núcleo rural (NRTE). A lonxitude de rede total canalizada por este tipo de solo é de 4.122 metros.

– Atravésanse 2 zonas do concello coa consideración de solo non urbanizable protexido de protección forestal, cunha lonxitude de rede total de 1.007 metros.

– A canalización transcorre por 2 áreas incluídas nas zonas de protección de edificio ou elemento de patrimonio histórico artístico catalogado. Concretamente prodúcense afeccións á igrexa parroquial de San Estevo, situada no lugar de Barral (233 metros) e á Capela de San Brais, en Pedracarballa (150 metros).

– Existe finalmente un tramo de 309 metros que discorre dentro dos límites da zona cualificada como de solos non urbanizables protexidos - protección de restos arqueolóxicos.

1.2. Tipoloxía do solo afectado no termo municipal de Salceda de Caselas.

A descrición de cada un dos usos de solo polos cales pasa a rede defínese nas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salceda de Caselas.

Condicións xerais en solo non urbanizable: teñen por obxecto establecer un control que permita preservar aquelas zonas que polas súas condicións ambientais, físicas, patrimoniais, etc. deban ser obxecto dun tratamento que impida alteracións substanciais das súas características naturais, e na medida do posible contribuír á recuperación das zonas deterioradas.

Solo non urbanizable común: corresponde á edificación que se sitúa no solo non urbanizable que se destina basicamente ao seu aproveitamento agropecuario e forestal e que, por tanto, debe ser preservado do proceso de urbanización e autorizar soamente a edificación que se destine a complementar este uso fundamental.

En canto aos seus usos, as normas subsidiarias permiten, entre outros, o seguinte uso: «Edificacións e instalacións de utilidade pública ou interese social, que teñan que situarse en solo non urbanizable e que se definen no artigo 24 das NCSPP».

No artigo 24 das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (NCSPP) especifícanse as edificacións de utilidade pública ou interese social. Entre elas inclúense:

– «Construcións para infraestrutura de servizos públicos, produción e transporte de enerxía eléctrica, telecomunicacións, estacións depuradoras de augas potables ou residuais, gasolineiras, plantas de tratamento de residuos sólidos urbanos ou industriais, parques de bombeiros».

– «Todas aquelas outras que teñan que acoller actividades declaradas de utilidade pública ou interese social por un órgano administrativo en virtude do establecido en disposicións de carácter sectorial».

Pola súa vez, no artigo 33 da LOUG ditamínase: «Os usos e actividades posibles en solo rústico serán os seguintes: 2. Actividades e usos construtivos: f) Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren».

Núcleos rurais existentes tradicionais: para considerar o seu carácter, considéranse os feitos de antigüidade do parque de vivendas, a existencia de residencia familiar estable. En canto ao criterio de ocupación da poboación con dedicación exclusiva no sector primario, toda vez que a maioría da poboación activa pode considerarse que realiza unha actividade simbiótica. Da información recollida pode establecerse que o 69 % das edificacións son anteriores a 1970 e que a segunda residencia ten unha presenza importante; porén, detéctase nos núcleos delimitados unha traxectoria continuada.

No referente aos usos, as normas subsidiarias céntranse na edificación, sen mencionar as infraestruturas de servizos, como no caso que nos ocupa. No seu obxecto especifícase: «Obxecto: corresponde á edificación que se sitúa no interior dos núcleos rurais tradicionais existentes, que se clasifican como solo non urbanizable e que se delimitan nos planos correspondentes».

Neste sentido, a LOUG establece no seu artigo 25, dentro da Sección III - Núcleos rurais: «Usos do solo. 3. Sen prexuízo das maiores limitacións que o planeamento urbanístico estableza en función do estudo pormenorizado de cada núcleo, o dito planeamento poderá permitir como usos compatibles os terciarios, produtivos, turísticos, os pequenos talleres e as novas tecnoloxías da información, así como os dotacionais, asistenciais e vinculados con servizos públicos».

Solo non urbanizable de protección forestal: a protección da capacidade produtiva, actual ou potencial no sector forestal de terreos que teñan que preservarse para estes usos.

No artigo 37 da LOUG, referente a «Solos rústicos de especial protección agropecuaria, forestal ou de infraestruturas», ditamínanse os usos para estes tipos de solo, e está o número 2, letra f) do artigo 33 en que se engloba este proxecto identificado como «Uso permitido por licenza municipal directa». «Usos permitidos por licenza municipal directa: os relacionados no número 1, letras a), b) e c), e no número 2, letras a), b), c), d), f), i) e m), do artigo 33 da presente lei. Ademais, no solo rústico de protección forestal permitirase o relacionado no número 1, letra e)».

Solo non urbanizable de protección de restos arqueolóxicos: a protección do patrimonio cultural, constituído por xacementos e restos arqueolóxicos.

Respecto aos usos permitidos, as normas subsidiarias do termo municipal especifican:

– «No espazo delimitado do resto arqueolóxico están prohibidos todos os usos, excepto os relacionados coa conservación, estudo e mellora dos restos dos xacementos».

– «Na zona de protección, permitiranse os usos correspondentes á clasificación do solo, pero deberá solicitarse informe vinculante do órgano competente en materia de patrimonio histórico-artístico, previamente á autorización de calquera actividade ou edificación».

No estudo de impacto ambiental presentado ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas o día 5 de abril de 2011 inclúese o estudo arqueolóxico do trazado do gas, o cal foi autorizado o día 13 de setembro de 2011 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Solo non urbanizable de protección de edificios e elementos patrimoniais: a protección do patrimonio cultural, constituído por edificios e elementos arquitectónicos de interese patrimonial.

No referente aos usos permitidos, detállase: «Os usos que se autoricen estarán dentro dos permitidos para o tipo de solo en que se sitúe o edificio ou elemento, aqueles que non sexan incompatibles cos de protección que se pretende, pero deberá solicitarse informe vinculante do órgano competente en materia de patrimonio histórico-artístico, previamente á autorización de calquera actividade ou edificación. Este informe poderá establecer condicionantes sobre o volume, edificabilidade, alturas, etc. En función de criterios de protección do patrimonio, con independencia do establecido na ordenanza que lle sexa de aplicación».

O artigo 38 da LOUG define os usos permitidos en solos rústicos de protección das augas, as costas, de interese paisaxístico e de patrimonio cultural. Establece: «O réxime xeral dos solos rústicos de protección das augas, as costas, de interese paisaxístico e do patrimonio cultural, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora, ten por obxecto preservar o dominio público hidráulico e marítimo e o seu contorno, así como os espazos de interese paisaxístico e o patrimonio cultural, que quedan suxeitos ao seguinte réxime: usos permitidos por licenza municipal: os relacionados no número 1, letras a), b) e c), e no número 2, letras f) e i), do artigo 33 da presente lei».

Non obstante, aínda que non se prevé a modificación da clasificación do solo nos terreos polos que atravesa o ramal de gas, existe unha zona de seguridade, definida na norma UNE 60.305.83, que se estende ata cinco metros a cada lado do eixe da canalización, que se clasificará como solo rústico de especial protección de infraestruturas cando se produza a revisión do planeamento urbanístico, sen que sexa necesario fixar un prazo para a dita revisión.

Por outro lado, na Resolución do 18 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública do proxecto a que fai referencia este proxecto sectorial, indícanse as seguintes afeccións para as canalizacións de gas a predios particulares:

«a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de tres metros, un e medio a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe ou tubaxes e cables de comunicación e telemando que se requiran para a condución de gas. Así mesmo, instalaranse nesta franxa os elementos auxiliares e de sinalización, e estará suxeita a servidume que se establece ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubaxe.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidera danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

– Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renovar as instalacións, con pagamento, de ser o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou soterradas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Contigua á zona de servidume permanente existe unha zona de seguridade definida na norma UNE 60.305.83, que se estende ata cinco metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas súas condicións de seguridade e na cal non se dan as limitacións nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que sexa informado previamente o titular das instalacións para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización».

1.3. Descrición do trazado no termo municipal de Salvaterra de Miño.

Segundo as normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salvaterra de Miño, a totalidade do solo ocupado pola rede do municipio ocupa terreos considerados como rede viaria, ben sexa de primeira, segunda ou terceira clase.

Do total de 9.236 metros de rede proxectada dentro do termo municipal, a cualificación dos terreos polos cales atravesa o trazado é a seguinte:

– Atravésase unha lonxitude de 4.498 metros por solo denominado polas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salvaterra de Miño como solo non urbanizable común.

– Atravésanse os lugares de Monte da Bouza, Freixenedo, Telleira, Couto, Chan de Goia e Vacaria, cuxos solos están cualificados como núcleo rural tradicional existente. A lonxitude total de canalización que discorre por este tipo de solo é de 2.037 metros.

– O trazado da rede tamén pasa polo núcleo urbano de Salvaterra de Miño, solo cualificado como urbano residencial, ao longo de 402 metros.

– Nas proximidades do núcleo urbano de Salvaterra de Miño, na parroquia de San Lourenzo, existe unha área cualificada como solo urbano industrial pola cal a rede de gas proxectada discorre ao longo de 362 metros.

– Atravésanse os leitos dos ríos Caselas e Tea. Os leitos destes ríos e as súas inmediacións teñen a consideración de solo non urbanizable - leitos e regatos.

– 234 metros de rede proxectada atravesan solo non urbanizable de cultivo.

– 349 metros da canalización prevista discorren por SNU de montes.

– 106 metros de tubaxe transcorren por sistemas xerais - equipamentos.

1.4. Tipoloxía do solo afectado no termo municipal de Salvaterra de Miño.

Os usos do solo afectados polo trazado da rede descríbense nas normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Salvaterra de Miño. Considéranse solo non urbanizable:

– «Os que o plan non inclúa nalgún dos tipos de solo a que se refiren os artigos anteriores».

– «Os espazos que o plan determine para outorgarlles unha especial protección, para os efectos desta lei, en razón do seu excepcional valor agrícola, forestal ou gandeiro, da explotación dos seus recursos naturais, dos seus valores paisaxísticos, a flora ou o equilibrio ecolóxico».

Solo non urbanizable común: considérase como tal o solo exterior ao delimitado como urbano e núcleos rurais existentes e que carece de condicións específicas na actualidade para ser protexido.

O artigo 33 da LOUG establece os usos permitidos en solo rústico, no seu número 2, letra f): «Os usos e actividades posibles en solo rústico serán os seguintes: 2. Actividades e usos construtivos: f) Instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicacións, a infraestrutura hidráulica e as redes de transporte, distribución e evacuación de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren».

Núcleos rurais existentes tradicionais: para considerar o seu carácter, considéranse os feitos de antigüidade do parque de vivendas, a existencia de residencia familiar estable. En canto ao criterio de ocupación da poboación con dedicación exclusiva no sector primario, toda vez que a maioría da poboación activa pode considerarse que realiza unha actividade simbiótica. Da información recollida pode establecerse que o 69 % das edificacións son anteriores a 1970 e que a segunda residencia ten unha presenza importante; porén, detéctase nos núcleos delimitados unha traxectoria continuada.

Entre os usos do solo establecidos pola LOUG no seu artigo 25, dentro da sección III - núcleos rurais, encóntrase: «Usos do solo. 3. Sen prexuízo das maiores limitacións que o planeamento urbanístico estableza en función do estudo pormenorizado de cada núcleo, o dito planeamento poderá permitir como usos compatibles os terciarios, produtivos, turísticos, os pequenos talleres e as novas tecnoloxías da información, así como os dotacionais, asistenciais e vinculados con servizos públicos».

Solo non urbanizable protexido - montes: son aqueles solos cunhas especiais condicións de aproveitamento forestal, teñen pois a consideración de zona de potencialidade produtiva paisaxísticas ou ambientais e considerados na actualidade como monte en man común.

Solo non urbanizable protexido - de cultivo: delimítanse aqueles predios con alta potencialidade agrícola dedicados na actualidade a este fin.

No artigo 37 da LOUG, referente a «Solos rústicos de especial protección agropecuaria, forestal ou de infraestruturas», ditamínanse os usos para estes tipos de solo, e está o número 2, letra f) do artigo 33, en que se engloba este proxecto, identificado como «Uso permitido por licenza municipal directa». «Usos permitidos por licenza municipal directa: os relacionados no número 1, letras a), b) e c), e no número 2, letras a), b), c), d), f), i) e m) do artigo 33 da presente lei. Ademais, no solo rústico de protección forestal permitirase o relacionado no número 1, letra e)».

Solo non urbanizable protexido - de ríos: protéxense os leitos dos distintos ríos e regatos que percorren o municipio.

O artigo 38 da LOUG define os usos permitidos en solos rústicos de protección das augas, as costas, de interese paisaxístico e de patrimonio cultural. Establece: «O réxime xeral dos solos rústicos de protección das augas, as costas, de interese paisaxístico e do patrimonio cultural, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora, ten por obxecto preservar o dominio público hidráulico e marítimo e o seu contorno, así como os espazos de interese paisaxístico e o patrimonio cultural, e quedan suxeitos ao seguinte réxime: usos permitidos por licenza municipal: os relacionados no número 1, letras a), b) e c), e no número 2, letras f) e i) do artigo 33 da presente lei».

Non obstante, aínda que non se prevé a modificación da clasificación do solo nos terreos polos que atravesa o ramal de gas, existe unha zona de seguridade, definida na norma UNE 60.305.83, que se estende ata cinco metros a cada lado do eixe da canalización, que se clasificará como solo rústico de especial protección de infraestruturas cando se produza a revisión do planeamento urbanístico, sen que sexa necesario fixar un prazo para a dita revisión.

Por outro lado, na Resolución do 18 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública do proxecto a que fai referencia o presente proxecto sectorial, indícanse as seguintes afeccións para as canalizacións de gas a predios particulares:

«a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de tres metros, un e medio a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe ou tubaxes e cables de comunicación e telemando que se requiran para a condución de gas. Así mesmo, instalaranse nesta franxa os elementos auxiliares e de sinalización, e estará suxeita a servidume que se establece ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubaxe.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

– Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renovar as instalacións, con pagamento, de ser o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou soterradas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Contigua á zona de servidume permanente existe unha zona de seguridade definida na norma UNE 60.305.83, que se estende ata cinco metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas súas condicións de seguridade e na cal non se dan as limitacións nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que sexa informado previamente o titular das instalacións para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización».

2. Regulamentación detallada das condicións de deseño, uso e de adaptación ao medio.

A continuación descríbense as condicións de uso que deberán rexer nos terreos onde se levará a cabo o proxecto do Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño.

Solo rústico de protección de infraestruturas, con uso permitido para o transporte e abastecemento de gas natural.

2.1. Ámbito.

Comprende esta categoría de solo a zona delimitada nos planos destinada ás instalacións de distribución de gas natural entre o punto de entrega de Salceda de Caselas e as ERM de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, nas cales termina o trazado da rede.

2.2. Condicións de uso e licenzas.

O uso citado, destinado á instalación do Ramal MOP = 16 bar, para poder implantarse nesta categoría de solo deberá contar co correspondente procedemento de impactos ambientais, de acordo co previsto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e coa aprobación do proxecto sectorial, segundo o establecido no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2.3. Condicións de edificación.

Debido á particularidade do tipo de instalación que se proxecta non se prevé necesaria a instalación de ningún edificio cerrado, polo que non se dispón unha superficie mínima de parcela para a edificación.

2.4. Condicións estéticas.

As condicións estéticas e todos aqueles aspectos relacionados co impacto xerado pola instalación da rede están recollidos no presente proxecto sectorial e, máis amplamente, no estudo de impacto ambiental presentado ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas o día 5 de abril de 2011, segundo o establecido na normativa concreta detallada no número 2 da presente epígrafe ou calquera outra de aplicación.

2.5. Eficacia.

Segundo o indicado no artigo 11.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, as instalacións serán cualificadas expresamente como de marcado carácter territorial.

En virtude do artigo 11.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, no acordo de aprobación definitiva do presente proxecto sectorial o Consello da Xunta de Galicia poderá acordar a declaración de utilidade pública ou de interese social das instalacións de forma concreta, así como a necesidade de ocupación para efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución deste proxecto sectorial.

O proxecto afectará exclusivamente a cualificación do solo; a clasificación do terreo será a que estableza o planeamento municipal.

3. Cualificación do proxecto.

As obras do Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño, obxecto do presente proxecto sectorial, cualifícanse expresamente como de marcado carácter territorial e de utilidade pública ou interese social, segundo o establecido no artigo 11. Eficacia (números 3 e 5, respectivamente) do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.