Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 224/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento do CT Mosteiro Monfero.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Desmontaxe de toda a aparellaxe de media tensión existente e o cambio de situación do actual transformador de 630 kVA existente, a instalación de novas celas de media tensión con corte en SF6, formadas por dúas celas de liña e unha cela de protección con fusibles para o transformador, a rede de terra interior do CT, instalación do circuíto de disparo por sonda térmica, novos cables de ponte MT, así como iluminación interior do CT e a reparación interior do local.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña