Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27608

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por grupo de actuacións recollidos na Resolución do 9 de abril de 2013 pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para o presente exercicio a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante a Resolución do 9 de abril de 2013, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas para o ano 2013 a proxectos de enerxías renovables, que contan con financiamento comunitario derivado do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A dotación total da convocatoria (2.100.000,00 euros) correspóndese nun 52 % con fondos Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), e no restante 48 % con Fondos de Compensación Interterritorial que cofinancian para o exercicio 2013 e libres para o mesmo exercicio. Esta contía global, segundo se recolle no artigo 3 das bases reguladoras, distribúese en grupos de actuacións desagregradas por tipoloxías de proxectos, encadradas no eixe 4, temas prioritarios 40 (Enerxías renovables: solar) e 41 (Enerxías renovables: biomasa).

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa se superaron os dous meses desde que se iniciou o prazo de reserva de fondos e de presentación de solicitudes (22.4.2013), en varias das tipoloxías de proxectos de enerxías renovables o número de solicitantes é inferior ao agardado mentres que, noutras tecnoloxías, o volume de axuda solicitada superou amplamente a dispoñibilidade orzamentaria, considerando as listaxes de espera dos expedientes susceptibles de concesión de axuda para a execución dos proxectos solicitados.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria. En calquera caso, cómpre subliñar que non se trata de modificar tal contía máxima fixada na convocatoria, ao non darse ningún dos supostos previstos no artigo 30.2 do referido Decreto 11/2009.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables ata o esgotamento dos fondos destinados á presente convocatoria, no uso das competencias que me confire o artigo 12.1 das bases reguladoras,

DISPOÑO:

Primeiro. Redistribuír os créditos orzamentarios recollidos no artigo 3.2 das bases reguladoras, en función do volume de solicitudes e do estado das listaxes de espera nas distintas tipoloxías de proxectos subvencionables, nos importes seguintes:

Tipoloxía/Beneficiario

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial (€)

Crédito final (€)

Enerxía solar térmica – Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.7

150.000,00

185.000,00

Enerxía solar térmica – Empresas privadas

08.A2.733A.771.7

150.000,00

115.000,00

Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas – Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.5

50.000,00

38.000,00

Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas – Empresas privadas

08.A2.733A.771.5

50.000,00

20.000,00

Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas – Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.8

150.000,00

162.000,00

Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas – Empresas privadas

08.A2.733A.771.8

150.000,00

180.000,00

Caldeiras de biomasa – Familias e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.1

700.000,00

800.000,00

Caldeiras de biomasa – Empresas privadas

08.A2.733A.771.6

700.000,00

600.000,00

TOTAL

2.100.000,00

2.100.000,00

Segundo. A presente redistribución de créditos non supón alteración final das contías globais incluídas dentro do mesmo eixe e tema prioritario, que se manteñen en 700.000,00 euros para o eixe 4, tema prioritario 40 (solar) e en 1.400.000,00 euros para o eixe 4, tema prioritario 41 (biomasa) cos orzamentos redistribuídos:

Grupo I: Enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

Familias e institucións sen ánimo de lucro

185.000,00

08.A2.733A.781.7

Empresas privadas

115.000,00

08.A2.733A.771.7

TOTAL

300.000,00

Grupo II: Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

Familias e institucións sen ánimo de lucro

38.000,00

08.A2.733A.781.5

Empresas privadas

20.000,00

08.A2.733A.771.5

TOTAL

58.000,00

Grupo III: Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (eixe 4, medida 40).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

Familias e institucións sen ánimo de lucro

162.000,00

08.A2.733A.781.8

Empresas privadas

180.000,00

08.A2.733A.771.8

TOTAL

342.000,00

Grupo IV: Caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41).

Beneficiarios

Orzamento (€)

Aplicación orzamentaria

TOTAL Familias e institucións sen ánimo de lucro

800.000,00

08.A2.733A.781.1

Familias e institucións sen ánimo de lucro: caldeiras con alimentación automática desde almacenamento >= 250 litros (ver anexo técnico)

550.000,00

Familias e institucións sen ánimo de lucro: resto de caldeiras non incluídas na tipoloxía anterior

250.000,00

Empresas privadas

600.000,00

08.A2.733A.771.1

TOTAL

1.400.000,00

Terceiro. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia