Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre un proxecto para a construción dunha nave para cortes, zona de muxidura e fosa de xurro.

Teresa Camba Fernández, en representación de Huerta Camba, S.C., solicitou desta alcaldía unha licenza municipal para o proxecto de construción dunha nave para cortes, zona de muxidura e fosa de xurro, no lugar do Couto de Arriba da parroquia de Ramil (parcela número 303, do polígono 5 da zona de concentración parcelaria de Ramil), no concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no cal se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 5 de xullo de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde