Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27740

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para ampliación de explotación de porcino.

José Avelino Torres Reboredo, solicita desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación de porcino existente na parcela 190, polígono 28, no Rañadoiro-Furco. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Carballedo, 3 de xullo de 2013

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde