Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público de 2013.

Segundo Resolución 2244/2013, do 28 de maio de 2013, apróbase a oferta de emprego público do Concello de Arteixo, para o exercicio 2013, na cal, ao abeiro do establecido polo artigo 70.3 do Estatuto básico do empregado público, todas as prazas incluídas van contra amortización de praza de inferior categoría ou de distinta natureza (no caso da funcionarización), do seguinte teor:

• Persoal funcionario:

– Grupo, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica. Número de vacantes: unha. Denominación: arquitecto técnico-aparellador (contra amortización de posto de persoal laboral en funcionarización).

– Grupo, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: B. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica. Número de vacantes: unha. Denominación: técnico superior de proxectos (contra amortización de posto de persoal laboral en funcionarización).

– Grupo, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica. Clase auxiliares. Número de vacantes: unha. Denominación: delienante (contra amortización de posto de persoal laboral en funcionarización).

– Grupo, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: veintiseis. Denominación: Administrativo (24 contra amortización de postos de persoal laboral en funcionarización e 2 contra amortización por promoción interna).

– Grupo, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: dúas. Denominación: oficial de Policía lsocal (contra amortización por promoción interna).

Arteixo, 6 de xuño de 2013

Por delegación (Decreto nº 989/2011)
José Mª Sánchez Novo
Primeiro tenente de alcalde