Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de apoio técnico e profesional ás enquisas de avaliación docente (expediente 310/13).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: xseccon@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 7.8.2013.

d) Número de expediente: 310/13.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de apoio técnico e profesional ás enquisas de avaliación docente.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de ejecución/entrega: 1ª fase: planificación do servizo e deseño, edición e impresión da documentación, realizarase nas instalacións da empresa licitadora. Fase 2: aplicación das enquisas, realizarase nos tres campus da Universidade de Vigo. Fase 3: tratamento mecanizado dos datos, realizarase nas instalacións da empresa licitadora.

1º. Enderezo: Campus de Vigo, Campus de Ourense e Campus de Pontevedra.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de execución: 12 meses. O período de execución do contrato desenvolverase durante o curso académico 2013-2014 e constará de 3 fases que se repetirán nos semestres do dito curso académico. 1ª fase: planificación do servizo e deseño, edición e impresión da documentación – 2ª fase: aplicación das enquisas – 3ª fase: tratamento da mecanización dos datos.

Non obstante, o contrato poderá prorrogarse ao curso académico 2014/15 de acordo co establecido na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares antes de que se inicie un novo período de execución.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 298.000 euros.

5. Orzamento base de licitación: 149.000 euros, IVE 31.290 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exíxese clasificación do contratista: grupo: M – subgrupo: 4 e categoría: A e grupo: V – subgrupo: 1 e categoría: A.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: 14.8.2013.

a) Data límite de presentación: 22.7.2013.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B y C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, baixo. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Correo electrónico: xseccon@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.300 euros.

11. Data de envío do anuncio ao DOUE: 5.7.2013.

Vigo, 5 de xullo de 2013

P.D. (RR 5.9.2011; DOG 14.9.2011)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo