Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de conservación e mantemento respectuoso co ambiente dos ecosistemas axardinados e seminaturais dos campus da Universidade de Vigo (expediente 308/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 35 56.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 6.8.2013.

d) Número de expediente: 308/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de conservación e mantemento respectuoso co ambiente dos ecosistemas axardinados e seminaturais dos campus da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución e/ou entrega:

1º. Domicilio: Campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do 1 de novembro de 2013, ou desde o día seguinte á sinatura do contrato se é posterior a esa data. No entanto, en ambos os dous casos o contrato pode ser prorrogado conforme a cláusula 5.2 do PCAP e tendo en conta a cláusula sexta da folla de resumo de características.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.V.: 77310000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 1.124.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 562.000 euros. Importe total: 680.020 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

Para as empresas españolas exíxese a clasificación indicada e acreditar a solvencia técnica profesional que se sinala nos números 12 e 13 da F.R.C.

Clasificación: grupo 0; subgrupo 6; categoría B.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: día 13 de agosto de 2013.

b) Modalidade de presentación: en papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Domicilio: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª planta. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.500 euros.

11. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea:

Vigo, 4 de xullo de 2013

P.D. (RR 30.4.2013; DOG 3.5.2013)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo