Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido a ordenación especial OE-L1.

O alcalde, en Resolución do día 5 de xullo de 2013, acorda:

Aprobación inicial da modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido a ordenación especial OE-L1, A Laracha.

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido a ordenación especial OE-L1, A Laracha, na rúa Río Anllóns-A Laracha-Torás, tramitado de oficio polo concello, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz.

Segundo. Someter o expediente a información pública por un prazo mínimo de vinte días mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de acordo co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Notificarlles persoalmente aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo expediente para que poidan examinalo e formular as alegacións que procedan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselles o acordo a todos os propietarios que sexan descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se poida practicar.

Lugar de exposición do expediente: secretaría (1º andar casa do concello).

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 5 de xullo de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde