1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Concello de Oroso.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Secretaría.
2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.
4) Teléfono: 981 69 14 78.
5) Telefax: 981 69 17 86.
6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es
7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellooroso.com
8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2013/038.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: mixto de servizos e subministración.
b) Descrición: servizos e subministración de telefonía e datos do Concello de Oroso.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: dividido en 2 lotes.
d) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.
1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.
e) Prazo de execución/entrega: 2 anos.
f) Admisión de prórroga: si, prorrogable por anualidades ata un máximo dun ano.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase artigo 12 do prego.
4. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 67.536,00 euros. IVE (21 %): 14.182,56. Importe total: 81.718,56 euros.
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxa-se o artigo 4 do prego.
7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil de contratante ou no DOG.
b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.
2. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
3. Localidade e código postal: Oroso, 15888.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.
8. Apertura de ofertas:
a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.
9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.
Oroso, 27 de xuño de 2013
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde