Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración mediante arrendamento (renting) de 40 equipamentos informáticos.

Por Decreto da Alcaldía do 14 de xuño de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 21/13).

2. Obxecto do contrato: subministración mediante arrendamento (renting) de 40 equipamentos informáticos para o Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto

4. Orzamento base de licitación: 38.400 € (31.735,54 € + 6.664,46 € en concepto de IVE) e un prazo de execución de 4 anos.

5. Garantías. Garantía definitiva: non se exixe.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil de contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de xuño de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde