Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27513

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (949/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 949/2010, por instancia de María del Carmen Noal González e Celsa Pérez Vecino contra a empresa UTE Clecet, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 10 de xuño de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por María del Carmen Noal González e Celsa Pérez Vecino contra UTE Clecet, S.L. e, en consecuencia:

Condénase á empresa UTE Clecet, S.L. a lles aboar ás demandantes as seguintes cantidades:

• A María del Carmen Noal González, a cantidade de 219,78 euros.

• A Celsa Pérez Vecino, a cantidade de 285,26 euros.

Os conceptos salariais devindicarán o 10 % de xuros moratorios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa UTE Clecet, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial