Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (225/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 225/2013, por instancia de Juan Carlos Francos Lesta contra Estructura y Obras de Galicia, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 11 de xuño de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Juan Carlos Francos Lesta contra a Estructura y Obras de Galicia, S.L., o seu administrador concursal Sr. González del Río, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Estructura y Obras de Galicia, S.L. al demandante.

– Condénase a Estructura y Obras de Galicia, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 59.459,06 euros. O aboamento desta indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a esta sentenza ascenden a 15.551,25 euros, aos cales se deberán engadir os que se xeren ata a súa notificación a razón de 108,75 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Estructura y Obras de Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial