Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (406/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 406/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Blanco Lalín e Julio César Blanco Asorey contra a empresa Construcciones Martínez Cordido, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administración concursal de Construcciones Martínez Cordido, S.L. sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 342/2013.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, o estado procesual que presentan as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como cantidade, baixo o número 406/2011, en que son partes demandantes Julio Blanco Lalín e Julio César Blanco Asorey, asistidos ambos polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e partes demandadas a empresa Construcciones Martínez Cordido, S.L., a administración concursal da empresa Construcciones Martínez Cordido, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), que non compareceron aos actos de conciliación xudicial e xuízo malia seren citados en legal forma e tempo, en nome do rei, dito esta sentenza con base nos seguintes.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada polos traballadores Julio Blanco Lalín e Julio César Blanco Asorey, ambos asistidos polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a mercantil Construcciones Martínez Cordido, S.L., a administración concursal da mercantil Construcciones Martínez Cordido, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, por iso, debo condenar e condeno os demandados a aboar: 1º, a Julio Blanco Lalín a cantidade de 2.660,50 euros, a que lle será de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual (isto é, 266,05 euros anuais por mora no pagamento do salario) e, 2º, a Julio César Blanco Asorey a cantidade de 4.469,17 euros a que lle será de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual (isto é, 446,91 euros anuais por mora no pagamento do salario). Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda ao Fondo de Garantía Salarial dentro dos límites legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña) –por exceder a contía aquí reclamada de 3.000 euros, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social–, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. 

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a xuíza substituta que a ditou, en audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Construcciones Martínez Cordido, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial