Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27518

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (396/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 396 /2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Vázquez Fariña contra a empresa Rosas y Grelos, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 343/2013.

A Coruña, 18 de xuño de 2013.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, o estado procesual que presentan as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como cantidade baixo o número 396/2011, nas que é parte demandante Ángel Vázquez Fariña, asistido polo letrado Sr. Pérez Nieves, e partes demandadas a empresa Rosas y Grelos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) que non compareceron aos actos de conciliación xudicial e xuízo a pesar de seren citados en legal forma e tempo, en nome da S.M. O Rei veño ditar a presente con base nos seguintes.

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada polo traballador Ángel Vázquez Fariña, asistido polo letrado Sr. Pérez Nieves, contra a mercantil Rosas y Grelos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, por iso, debo condenar e condeno os demandados a aboar a Ángel Vázquez Fariña a cantidade de 3.326,10 euros á que será de aplicación unha recarga por demora do 10 % anual (isto é, 332,61 euros anuais por demora no pagamento do salario percibidos desde o momento de interpretación xudicial). Todo iso, sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial corresponda dentro dos límites legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña) –por exceder a contía aquí reclamada de 3.000 euros, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social–, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada conta, lida e publicada que foi a anterior sentenza, pola xuíza substituta que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Rosas y Grelos, S.L. en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial