Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes (expediente IN407A 2013/72-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Daxiong Spain, S.L.

Domicilio social: pol. ind. Pena Purreira, parc. C 2A, 15320 As Pontes.

Denominación: CS e CT para fabrica de cables de aceiro.

Situación: pol. ind. Pena Purreira parc. C2-A, As Pontes.

Características técnicas: centro de seccionamento e medida prefabricado, formado por celas de entrada e saída para bucle de compañía e cela de liña, 400 A, 24 kV, 20 kA. Cela de seccionamento de abonado, cela de protección xeral, cela de medida e cela de saída e protección do centro de transformación, 400 A, 24 kV, 20 kA. Liña soterrada con inicio en cela de saída do CS e medida e remate no CT, RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 160 m. CT prefabricado composto por cela de entrada de liña e duas celas de protección (400 A, 24 kV, 20 kA) para 2 trafos iguais illamento resina, refrixeracion natural, 20/0,4 kV, 2.500 kVA cada un.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 28 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña