Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 54/05 de reclamación de responsabilidade patrimonial.

O 14 de maio de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por María Carmen Petra López Valino en data do 18 de marzo de 2005.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a María Carmen Petra López Valiño o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Dado que, como consonte co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde a interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbrolle que contra a resolución que pola presente cédula se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1. regra segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual). O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: 54/05.

Reclamante: María Carmen Petra López Valino.

DNI/NIF: 33840494 -L.

Último enderezo coñecido: en Lugo, rolda das Fontiñas 207, 27002 Lugo.

Contido da notificación: resolución desestimatoria da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por María Carmen Petra López Valino polos supostos danos derivados da intervención practicada no Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.