Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2013/10-2, 8093 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Tratante, S.C.

Domicilio social: R/D, nº 9, 3º A-D, 36500 Lalín, Pontevedra.

Denominación: LMTA e CTA para granxa no lugar de Vilaguillulfe-Cartelos.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV, con orixe no apoio de celosía existente (C-1000/14 H-35-CA) pertencente á liña LMT PRS803 Castro-Barrela 3 e final no CT proxectado cunha lonxitude de 415 metros de condutor LA-56.

– CT intemperie, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 10 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo