Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2013 Páx. 27532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o proxecto de abandono definitivo de labores na canteira Nova nº 1544.10, situada no concello do Porriño (Pontevedra) e promovido por José Novás Barros.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de abandono definitivo de labores na canteira Nova nº 1544.10, situada no termo municipal do Porriño (Pontevedra) e promovido por José Novás Barros.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 28 de maio de 2013

P.D. (Orde do 24.4.2013; DOG nº 91, do 14 de maio)
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra