Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica resolución por descoñecemento da identidade dos herdeiros de Nazario González Pazos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (en diante, RXAP-PAC), ao non ser posible a notificación aos herdeiros de Nazario González Pazos a través do servizo de Correos, por descoñecemento da súa identidade, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde os seguinte ao data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Coordinación de Centros da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do expediente.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderanse producida desde o día seguinte.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

Mª del Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos

Herdeiros de Nazario González Pazos