Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 14 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publica a notificación dunha resolución de recurso de alzada devolta polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 61 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución do recurso de alzada instado polo interesado, publícase mediante este edicto a resolución do recurso interposto, cos efectos que se sinalan ao pé do presente edicto.

Vigo, 14 de xuño de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: José Quieros Gonçalves.

NIE: X0328422M.

Resolución: desestimación do recurso.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.