Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, de citación por comparecencia.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese o interesado que se cita no anexo para que no prazo dos 10 días seguintes á data da publicación deste edicto, compareza en persoa ou debidamente representado/a nesta xefatura territorial de Vigo (rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar), para ter coñecemento da notificación do procedemento instado polo interesado, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado/a cos efectos que se indican.

Vigo, 13 de xuño de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: José Antonio Villa Suárez.

DNI: 76895539-F.

Número de expediente: 36/00079-I/12.

Notificación: comparecencia ante o equipo de valoración e orientación.

Efectos: de non comparecer e transcurridos 3 meses, declararase a caducidade do procedemento iniciado polo interesado (artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).