Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 12 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, de requirimento de documentación.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de documentación nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da LRXAP-PAC, para que no prazo de 10 días contados desde a data seguinte ao da publicación deste edicto, presenten a documentación requirida, nas dependencias da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Vigo, rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar); advírteselles que de non facelo así se terán por notificados para os efectos que se sinalan ao pé do presente edicto.

Vigo, 12 de xuño de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos

DNI/NIE

Núm. expte.

Antonio Ak Marin

46607768Q

36060/0001/08

Antia Amoedo Guimerans

36111696V

36057/0897/11

Manuel Alberto Ferreira Torres

X2170244X

36057/0594/11

Mohamed Marriqui s/s

X6727122J

36055/0023/09

María Paz Taboada Brea

36015709D

36057/0496/05

Efectos por non acreditar a documentación requirida:

– Procederase á extinción da prestación concedida, de conformidade co artigo 32.1.c) en relación co artigo 23 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social (DOG núm. 191, do 3 de outubro), parcialmente modificada pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro (DOG núm. 36, do 22 de febreiro), e pola Lei 16/2004, do 29 de decembro (DOG núm. 254, do 31 de decembro) e demais normativa de desenvolvemento.