Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27041

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela situada na avenida Fraga Iribarne.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«1º. Prestar aprobación definitiva ao estudo de detalle instado por Mercadona, S.A., para supermercado de alimentación e aparcadoiro na parcela sita na avenida Fraga Iribarne, número 98, redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas e de acordo cos informes emitidos. 2º. Que se proceda á súa publicación nos termos previstos no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección rural de Galicia».

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras o 20 de xuño de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga).

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Betanzos, 21 de xuño de 2013

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente