Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cariño

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas de saneamento da parroquia de Landoi.

Ponse en público coñecemento que foi aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas de Cariño denominado «Saneamento na parroquia de Landoi», por acordo do Pleno do 31 de maio de 2013, adoptado coa maioría absoluta do número legal de membros da corporación.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a devandita aprobación inicial sométese a información pública polo prazo de 1 mes, contado desde o día seguinte ao de publicación dunha copia do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado o expediente por calquera interesado nas dependencias municipais, para que poidan formular todas as alegacións que consideren pertinentes, de luns a venres en días hábiles para efectos administrativos, e de 9.00 a 14.00 horas.

O que se fai público para xeneral coñecemento e efectos.

Cariño, 14 de xuño de 2013

Mª Purificación Seixido Gómez
Alcaldesa e presidenta