Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do texto refundido do Plan parcial SUP-4R A Pezoca (expediente FG nº 388).

Por Resolución desta alcaldía número 2.829, do 27 de xuño de 2013, acordouse aprobar inicialmente a modificación do texto refundido do Plan parcial SUP-4R A Pezoca, en Oleiros.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos da presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 28 de xuño de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente