Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27040

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas para a instalación do servizo de tanatorio.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«1º. Prestar aprobación definitiva ao Plan especial de infraestruturas para instalación de servizo de tanatorio en terreos situados na proximidade do cemiterio municipal, instado por Funeraria Mariano, S.L., redactado polo arquitecto Felipe Olaf Sánchez e de acordo cos informes emitidos. 2º. Que se proceda á súa publicación nos termos previstos no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia».

O acto de aprobación definitiva do citado Plan especial de infraestruturas foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 20 de xuño de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Betanzos, 21 de xuño de 2013

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente