Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26475

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (MMC 469/2011).

Procedemento: modificación de medidas supuesto contencioso 469/2011.

Sobre: modificación de medidas.

De: María del Pilar Pérez Collarte.

Procuradora: Ana María Fernández Chamorro.

Avogada: Mercedes Chaves Casal.

Contra: Fermín Revuelta Morras.

María del Carmen Santos Caballero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, polo presente anuncio neste procedemento de modificación de medidas 469/2011, seguido por instancia de María del Pilar Pérez Collarte fronte a Fermín Revuelta Morras, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva literal é a seguinte:

Ditame.

Que estimando a demanda en solicitude de modificación de medidas definitivas presentada pola procuradora Sra. Fernández Chamorro, en nome e representación de María del Pilar Pérez Collarte, fronte a Fermín Revuelta Morras, procede modificar as medidas adoptadas na sentenza número 17/2011, de data 16 de febreiro de 2011 no seguinte sentido:

Suprímese o parágrafo co seguinte contido: «O pai poderá visitar e ver a súa filla cantas veces queira, sempre que as ditas visitas non perturben as actividades e horarios escolares, extraescolares e de descanso da menor, con aviso previo á nai custodia». Parágrafo quinto do punto 2) do ditame.

Configúrase como réxime de visitas ordinario o descrito na sentenza do 16 de febreiro de 2011, no punto 2) do ditame, coa supresión do parágrafo sinalado.

Engádese un novo parágrafo ao punto 2) do ditame da sentenza, do 16 de febreiro de 2011, do seguinte teor literal: «Se o pai non reside na localidade en que veña residindo a filla menor, nin nunha localidade a menos de cincuenta quilómetros de onde viva a menor, cando quixese ter contacto coa menor e exercer o seu dereito de visitas deberá avisar previamente a nai coa antelación mínima de quince días, a través de mensaxe de texto, chamada telefónica ou calquera outro medio que permita deixar constancia da comunicación, a fin de semana que desexe exercer tal dereito. O réxime de visitas levarase a cabo entre as 18.00 horas do venres e as 20.00 horas do domingo.

Se o dereito de visitas quixese exercerse un día entre semana, neste suposto, co mesmo prazo de aviso previo, o demandado sinalará o día en que o quere exercer e sempre que non cause grave prexuízo á menor poderá levalo a cabo de 17.00 a 20.00 horas.

Para o caso de que o pai queira exercer o seu dereito de visitas nun réxime máis amplo que o previsto como ordinario, observaranse en todo caso os límites previstos naquel».

Non procede facer expresa imposición de custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O recurso de apelación interporase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, o pronuncio, mando e asino. Dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Fermín Revuelta Morras, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 5 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial