Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26473

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (MMC 117/2012).

Modificación de medidas suposto contencioso 117/2012.

Sobre: modificación de medidas.

Demandante: María José Taboada Vázquez.

Procuradora: Carla Rocafort Rial.

Avogado: Bruno Fernández Aguiño.

Demandado: Alberto Prego de Lis.

Carmen Santos Caballero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Cambados, polo presente, anuncio neste procedemento de modificación de medidas 117/2012, seguido por instancia de María José Taboada Vázquez fronte a Alberto Prego de Lis, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Ditame.

Que estimando a demanda en solicitude de modificación de medidas definitivas presentada pola procuradora Sra. Rocafort Rial, en nome e representación de María José Taboada Vázquez, fronte a Alberto Prego de Lis, procede modificar as medidas adoptadas en sentenza do 5 de outubro de 2009, ditada no procedemento de separación contenciosa 334/2009 e, en consecuencia, deixar en suspenso o réxime de visitas establecido entre o pai da menor e esta ata que este alegue e probe unha situación socioeconómica, persoal e sanitaria que permita restablecer o réxime de visitas acordado naquela resolución.

Non procede facer expresa imposición de custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O recurso de apelación interporase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, o pronuncio, mando e asino. Dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Alberto Prego de Lis, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Cambados, 23 de abril de 2013

A secretaria xudicial