Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26471

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2907/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2907/2010 desta Sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa José Ramón Fernández Arias, Juan Carlos Barreiros Álvarez e Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo letrado Luis Esteban Leyenda Martínez, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza do 16 de marzo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, no procedemento 1101/2009 sobre invalidez, e confirmamos integramente e en todos os seus pronunciamentos a dita resolución.

Condénase a recorrente ao aboamento de 300 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Ramón Fernández Arias, con últimos domicilios coñecidos na rúa Francisco Llorens Díaz, nº 13-2º C de Ourense, e no Alto do Couso, Ourense, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial