Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26470

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 21 de xuño de 2013 pola que se declara deserto un posto vacante convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 11 de maio de 2012.

Mediante Orde do 11 de maio de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia número 119, do 22 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase intepoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Inclusión, Inmigración e Acción Social (denominación anterior: subdiretor/a xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais).

Código: TR.C06.00.002.15770.001 (código anterior: TR.C03.00.002.15770.001).

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Familia e Inclusión (dependencia anterior: Secretaría Xeral de Política Social).

Localidade: Santiago de Compostela.