Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 17 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica o acordo recaído no procedemento disciplinario incoado a Saturnino Segade Costoya.

O 12 de xuño de 2013 o director xeral de Xustiza adoptou un acordo no procedemento disciplinario núm. 8/13 incoado a Saturnino Segade Costoya, funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Pontevedra. Por estar en paradoiro descoñecido, e en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia. A dita resolución literalmente di:

«(...) Acordo:

1. Incoar expediente disciplinario ao funcionario ao servizo da Administración de xustiza Saturnino Segade Costoya, pola posible comisión da falta moi grave tipificada no artigo 7, alínea c), do Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza (o abandono do servizo). Remitirlle copia da documentación que figura no expediente á instrutora designada pola Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Marina Polo Renú, secretaria xudicial destinada na Sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra.

2. Designar como secretaria no presente expediente disciplinario a dona María Isabel Rodríguez Gutiérrez, funcionaria do corpo de xestión procesual e administrativa destinada na Sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, e notificarlle a súa designación.

3. Notificar a Saturnino Segade Costoya o acordo de incoación de expediente disciplinario, informándoo do dereito de recusación previsto no artigo 27 do Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza, que poderá exercer en calquera momento do procedemento mediante escrito motivado dirixido á Dirección Xeral de Xustiza, así como de que pode actuar asistido dun letrado ou dos representantes sindicais que determine.

4. Por non constar domicilio coñecido de Saturnino Segade Costoya, e de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación farase por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio, e no DOG.

A notificación deste acordo servirá de consulta ao funcionario acerca de se se opón ou non á comunicación da incoación do expediente disciplinario aos órganos de representación dos funcionarios prevista no artigo 5 do RRD, entendéndose que non existe oposición no suposto de que no prazo dos tres días seguintes ao da notificación non remita a este centro directivo comunicación expresa en sentido contrario a través do fax núm. 981 54 62 22.

Contra este acordo non cabe interpoñer ningún recurso, aínda que os interesados, conforme o previsto no artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán realizar alegacións para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin a este procedemento».

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza