Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de xuño de 2013, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00036-O-2013 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar a imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 10 de xuño de 2013

P.S. (Resolución 4.6.2013)
Gerardo Álvarez Reza
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00036-O-2013

9992-FTV

Garda Civil 3201 M30803D

María López Trans, S.L.

B81270001

Avda. de las Palmeras

10 - Parcela R-11B-IE3 -

Polg. Ciempozuelos

28350 Ciempozuelos, Madrid

A carencia da documentación en que deben materializarse os contratos de transporte de mercadorías asinados con transportistas ou operadores.

3.12.2012; 11.59; A52; 0239,200

Art. 141.19 LOTT, Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e LOTT, Art. 201.1.e ROTT

1.001 euros

OU-00042-O-2013

9992-FTV

Garda Civil 3201 M30803D

María López Trans, S.L.

B81270001

Avda. de las Palmeras

10 - Parcela R-11B-IE3 -

Polg.Ciempozuelos

28350 Ciempozuelos, Madrid

A carencia de follas de rexistro do aparato de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos imprimidos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

3.12.2012; 11.51; A-52; 239,2

Art. 140.24 LOTT, Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g LOTT, Art. 201.1.g ROTT

2.001 euros

OU-00335-O-2013

0920-DJH

Garda Civil 3203 T10323A

Construcciones Boalva, S.L.

B32304495

Rúa do Sol, 10 A

32001 Ourense, Ourense

A carencia de follas de rexistro do aparato de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos imprimidos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

6.2.2013; 7.00; A52; 0188,000

Art. 140.24 LOTT, Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g LOTT, Art. 201.1.g ROTT

2.001 euros

OU-00359-O-2013

3273-DJM

Garda Civil 3201 A47914C

Granitos y Maderas Compra Venta, S.L.

B36403525

Bo. Penedo, 21

36400 O Porriño, Pontevedra

A carencia de follas de rexistro do aparato de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos imprimidos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

14.2.2013; 11.10; A52; 0240,000

Art. 140.24 LOTT, Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g LOTT, Art. 201.1.g ROTT

2.001 euros

OU-00375-O-2013

5252-FFN

Garda Civil 3203 V46236Y

Pedro Antonio Cerdeño Bascuñana

40295193K

Mas Magrau, s/n

17162 Bescanó, Girona

A carencia da documentación en que debe materializarse os contratos de transporte de mercadorías asinados con transportistas ou operadores.

15.2.2013; 15.50; N-525; 130,7

Art. 141.19 LOTT,

Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e LOTT, Art. 201.1.e ROTT

1.001 euros

OU-00393-O-2013

9577-FLF

Garda Civil 3201 I12849B

Logística Ourense, S.L.

B32396236

Políg. S. Cibrao-sector C-

calle 6-parcela 18

32911 San Cibrao das Viñas,

Ourense

Exceso superior ao 20% e inferior ou igual ao 50 % sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 14 h a 15 h.

4.3.2013; 21.04; N525; 0220,000

Art. 141.6 LOTT, Art. 198.6 ROTT

Art. 143.1.f LOTT, Art. 201.1.f ROTT

2.000 euros

OU-01524-O-2012

9992-FTV

Garda Civil 3201 M30803D

María López Trans, S.l.

B81270001

Avda. de las Palmeras

10 - Parcela R-11B-IE3 -

Polg. Ciempozuelos

28350 Ciempozuelos, Madrid

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), carecendo do correspondente certificado.

3.12.2012; 11.56; A-52; 0239,200

Art. 141.19 LOTT, Art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e LOTT, Art. 201.1.e ROTT

1.001 euros