Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas do centro de manobra e distribución de Froxo (fase II) (expediente 202/2012).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do centro de manobra e distribución de Froxo (fase II), no termo municipal da Laracha (expediente 202/2012), por resolución desta xefatura territorial do 16 de maio de 2013, respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 19, 1º dta., 15004 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 22 de xullo de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas 8.1.2013, 20.12.2012 e 20.12.2012, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña