Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2013 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Distriz, no concello de Monforte de Lemos (expediente 012/2009 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Distriz.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1052 m con orixe no apoio nº 1, proxectado, en condutor LA-56 e final no apoio nº 7, proxectado, sobre apoios de formigón (4) e metálicos (3).

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 282 m con orixe no paso aerosubterráneo no apoio nº 7 e final no centro de transformación caseta Distriz.

– Centro de transformación caseta Distriz de 250 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997 levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Propietarios

Afecciósn

Nº predio

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos Enderezo

Apoio

Voo

m2

ml aér.

m2 aér.

2

2

137

Veiga

Ermo

– José Ramón Garro Quiroga

r/ Chantada, nº 134, 1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

38.0

377.0

3

2

135

Veiga

Prado

– José Ramón Garro Quiroga

r/ Chantada, nº 134, 1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

2 (½)

1.0

64.0

640.0

4

2

134

Veiga

Labor

– Victoria Rodríguez González

Estrada Ourense-Distriz, nº 14, 27419 Monforte de Lemos, Lugo

2 (½)

1.0

41.0

411.0

11

76

1207

Bastemil

Ermo

– Julia González Rodríguez e irmáns

r/ Ourense, nº 68-2º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

12.0

106.0

19

76

1194

Bastemil

Ermo

– Guillermina Salgueiro Losada

r/ Rolda de Outeiro, nº146-7º, 15007 A Coruña, A Coruña

8.0

87.0

21

76

1192

Pozas

Ermo

– Juana González Nogueira

r/ Manuel Sandomingo, nº 84-3º, 15330 Ortigueira, A Coruña

4 (½)

1.0

10.0

102.0

23

76

1190

Bastemil

Ermo

– Roberto Rodríguez Salgueiro

Igrexa-Distriz, nº 1, 27419 Monforte de Lemos, Lugo

10.0

102.0

26

26

1220

Bastemil

Ermo

– Olga Novelle Novoa

Avda. Generalitat, nº 37-1º, 08923 Sta. Coloma de Gramenet, Barcelona

5.0

91.0

27

76

1187

Bastemil

Ermo

– María Sánchez Díaz

Praza de Portugal, nº 2-4º D, 36201 Vigo, Pontevedra

50.0

29

76

1222

Bastemil

Ermo

– Mercedes Rueda Campos

Repr.: Juan Bautista Vila López

r/ Reboredo, 40-4º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

9.0

94.0

30

76

1223

Bastemil

Labor

– Amador López Vázquez

r/ Mercado, nº13-4º, 32001 Ourense

12.0

121.0

32

76

1182

Bastemil

Ermo

– Eduardo Tierra Sánchez

Doctor Marañón, 5-1º l, 36211 Vigo, Pontevedra

17.0

34

76

1181

Bastemil

Ermo

– Hdos. Eduardo Tierra Buján

Repr.: Eduardo Tierra Sánchez

Doctor Marañón, 5-1º I, 36211 Vigo, Pontevedra

9.0

96.0

42

76

1172

Bastemil

Ermo

- Julia González Rodríguez e irmáns

r/ Ourense, nº 68-2º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

7.0

58.0

45

76

1169

Bastemil

Ermo

– Sergio Carrero Salgueiro

Igrexa-Distriz, s/n, 27419 Monforte de Lemos, Lugo

35.0

47

76

1166

Bastemil

Castiñeiro

– Mercedes Rueda Campos

Repr.: Juan Bautista Vila López

r/ Reboredo, 40-4º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

9.0

56.0

51

76

1161

Bastemil

Ermo

– Pedro Buján Casanova

Estrada Ourense, s/n (Distriz), 27419 Monforte de Lemos, Lugo

– Ascensión Buján Casanova

r/ Estrella, nº 62, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

9.0

92.0

53

76

1156

Bastemil

Labor

– Pedro Guitián Rodríguez e irmán

San Miguel Sarandón, s/n, 15885 Vedra, A Coruña

14.0

140.0

56

76

1153

Bastemil

Prado

– Victoriano Rodríguez Salgueiro

r/ Salvador y Merino, nº 7-10º D, 15008 A Coruña, A Coruña

7.0

70.0

57

76

1151

Bastemil

Ermo

- Elena Díaz Díaz e Mª Gloria del Carmen Díaz Díaz

Avda. Atlántida, nº 128, 4º D, 36208 Vigo, Pontevedra

7.0

70.0

58

76

1150

Bastemil

Labor

– Julio Rodríguez Rodríguez

Repr.: José Rodríguez Nieves

r/ Ourense, 83, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

6 (½), 7 (½)

5.5

60.0

600.0

59

76

1149

Bastemil

Labor

–Pedro Buján Casanova

Estrada Ourense, s/n (Distriz), s/n, 27419 Monforte de Lemos, Lugo

– Ascensión Buján Casanova

r/ Estrella, nº 62, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

6 (½), 7 (½)

5.5

41.0

410.0