Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Maside (expediente IN407A 2012/31-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cepsa Gas Licuado, S.A.

Domicilio social: avenida Partenón, 12, 28042 Madrid.

Denominación: LMT e CT en estrada OU-203, antiga estación de ferrocarril para envasado de botellas de gas.

Situación: Maside.

Características técnicas: LMT aero-subterránea a 20 kV de 22 m en aéreo con condutor LA 56, e180 m en subterráneo con condutor RHZ1 12/20 kV 3×1×95 mm2 Al, e con orixe na LMT existente de Unión Fenosa Distribución, S.A. CNO8236 e remate no CT prefabricado de 800 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 51.601,10 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de xuño de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense