Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de auga mineral natural das augas captadas no Pozo Mecca, no termo municipal de Baiona (Pontevedra).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra fai público que José Luis Rodríguez Fernández, en nome e representación de Aguasana S.L., solicitou a declaración como auga mineral natural da captada no «pozo Mecca» en terreos da súa propiedade, sitos no lugar coñecido como «O Cocho do Río», no concello de Baiona (Pontevedra) e dentro do perímetro dos mananciais Aguasana nº 1 e Aguasana nº 2.

O pozo ten unha profundidade de 159 m e un diámetro de 165 mm e o caudal obtido é de 12000 l/h.

O que se fai público para dar cumprimento ao disposto no artigo 3.1.1 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, e ao artigo 4 do Real decreto 402/1996, do 31 de outubro, da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 6 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra