Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, de notificación de apertura de expediente administrativo para a modificación no Rexistro de Entidades Deportivas do Club Cidade de Vigo Basquet (expediente PR946B-2013/0000108-0).

Por resultaren infrutuosas as xestións realizadas para a notificación no domicilio do Club Cidade de Vigo Basquet, co fin de que presentase a documentación requirida polo Rexistro de Entidades Deportivas en cumprimento do disposto polo artigo 8 da Orde do 17 de maio de 1983 pola que se regula o funcionamento do Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas de Galicia, e de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), procédese a facer pública a apertura do expediente de modificación no Rexistro de Entidades Deportivas co número  PR946B-2013/0000108-0, para que no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte aoda publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo se achegue a seguinte documentación exixible en virtude do disposto polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo, polo que se crea o servizo de resposta inmediata da Xunta de Galicia e se regula o seu funcionamento:

A solicitude normalizada de modificación no Rexistro de Entidades Deportivas.

A fotocopia da acta da asamblea xeral, debidamente compulsada, na cal se reflictan os acordos de modificación da xunta directiva do club tras a dimisión do seu presidente.

O incumprimento deste requirimento determinará, segundo o regulado polo artigo 11 da Orde do 17 de maio de 1983, a cancelación da inscrición do Club Deportivo Cidade de Vigo Basquet no Rexistro de Entidades Deportivas.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte