Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda publicar a Resolución do 31 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria de Espiño-Videferre (Oímbra) ao Concello de Oímbra.

En cumprimento do disposto no artigo 32 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, en relación co artigo 59.6.a) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta xefatura territorial fai público que, o 31 de maio de 2013, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar ditou a seguinte resolución:

O acordo de concentración parcelaria da zona de Espiño-Videferre (Oímbra-Ourense) foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias o 18 de decembro de 2003, publicado na forma legalmente prevista na lexislación vixente encóntrase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Oímbra solicita a cesión da titularidade dos predios números 95-1, 101 e 613-2 por existiren en neles nacentes de auga e fontes de aproveitamento para os veciños.

Visto o informe favorable da Xunta Local da Zona, a Lei de Reforma e Desenvolmento Agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de régimen jurídico das administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

En vista de que o destino para o cal se solicitan os predios número 95-1, 101 e 613-2 é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1) Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Espiño-Videferre (Oímbra-Ourense) e adxudicar ao Concello de Oimbra os predios número 95-1, 101 e 613-2, que causan baixa no Fondo de Terras da zona, co fin de que sexan destinados á captación de augas para aproveitamento dos veciños.

2) Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades, sen que os predios fosen destinados aos fins para os que son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá, ao Fondo de Terras da zona, ao Patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3) Ordenar que á presente resolución se dea a oportuna publicidade sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Oímbra.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicada esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xuño de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense