Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros, ditado no expediente de axuda para a mellora e modernización das explotacións agrarias 36/00064/05B.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa citada no anexo o acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros, ditado no expediente de axuda para a mellora e modernización das explotacións agrarias nº 36/00064/05B.

A persoa beneficiaria poderá recoller o dito acordo de inicio no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento do acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o/a interesado/a poderá presentar cantas alegacións e documentos considere convenientes. Dispón para iso dun prazo de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que compareza para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que compareza. Se o/a beneficiario/a non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámites, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 36/00064/05B, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Rodríguez Cimadevila, Digna.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: O Casal, 13, San Xurxo de Vea, 36683 A Estrada, Pontevedra.