Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CEDULA do 11 de xuño de 2013, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 4 de abril de 2013 ditada no expediente sancionador de Lugo LU-23/2012 por infración leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona a resolución da xefatura da Área de Turismo de Lugo ditada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-23/2012, incoado ao titular do establecemento de aloxamento turístico denominado Albergue O Cándido, situado no lugar de San Romaon da Retorta do concello de Guntín (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non ter presentado recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias deste servizo. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Lugo, 11 de xuño de 2013

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-23/2012

Denunciada: Ana Isabel Rodríguez Redondo

Establecemento: Albergue O Cándido

Enderezo: San Romaon da Retorta. Localidade: Guntín.

Feitos denunciados: non dispoñer dos documentos exixidos para a actividade e non exhibir a lista de prezos.

Precepto infrinxido: artigo 35, alíneas g e f, da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011.

Resolución: 4 de abril de 2013.

Sanción: seiscentos euros (600,00 €).